martes, 3 de setembro de 2019

Benvidos de novo ao cole!

   
    Con esta imaxe dámosvos a benvida ao novo curso que está a piques de comezar, o mércores 11 de setembro, que será cando nos atopemos cos nosos compañeiros/as, retomemos amizades e fagamos outras novas, sendo un momento de gran axitación cheo de maxia e de cambios.

      Será un ano cheo de novas aprendizaxes, descubrimentos e ilusións, no que desenvolveremos as nosas capacidades intrínsecas por medio dun ambiente rico en estímulos e cunha gran variedade de recursos, porque cada un de nós temos distintas formas de aprender e de gozar facéndoo. Todo isto, estará envolto nun clima no que as mostras de afecto e cariño estarán moi presentes, posto que, como dicía Howard G. Hendricks, "a ensinanza que deixa pegada non é a que se fai de cabeza a cabeza, senón de corazón a corazón".

     Así pois, invitámosvos a adentrarvos connosco no día a día das aulas, visitando o noso blogue, para así facervos copartícipes dos nosos avances e descubrimentos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario