martes, 18 de xuño de 2019

Investigación en marcha!


    Para rematar o curso, decimos investigar un pouco sobre o gran mundo dos animais, para isto, diferenciamos os invertebrados dos vertebrados, investigando os primeiros deles no cole e pedíndolles axuda a papá e mamá para buscar información sobre o tipo de vertebrados que eliximos en grupo.
   Con isto, traballamos multitude de conceptos, primando o traballo en equipo e a toma decisións, posto que concretamos a información que queriamos plasmar no noso mural, buscamos e imprimimos as fotografías que precisabamos, recortámolas e decidimos onde colocalas.
   Neste mini-proxecto tratamos de descubrir as características básicas dalgúns animais para logo explicar o aprendido ao resto de compañeiros/as e así aprender todos de todos.
    A continuación pódese ver o vídeo de todo este gran proceso de aprendizaxe!



venres, 14 de xuño de 2019

Proxecto: Cando sexa maior...


    Neste curso estivemos a investigar sobre os distintos oficios e houbo moitos pais/nais e inclusive avós/as que nos viñeron a amosar en qué consistían os seus traballos e a ilusión que teñen neles.
    Foron moitas as familias que participaron e nos fixeron pasar grandes ratos descubrindo e vivenciando todo o relativo co seu oficio dunha forma moi manipulativa e atractiva, mais aquí tan só deixamos unha pequena mostra deste gran proxecto.












mércores, 12 de xuño de 2019

Exploramos a Illa de Arousa


    Esta foi unha excursión un chisco especial, posto que era a de fin de curso e a última que fariamos cos pequerrech@s de 5 anos, mais non por isto deixamos de disfrutar e investigar todo o que nos rodeaba, así que...rematamos os últimos preparativos para iniciar a nosa andaina cara o Parque Natural de Carreirón.
    Unha vez alí, invetigamos a maxia da natureza, descubrimos plantas, niños de paxaros, bichiños e amosamos todo o aprendido no cole sobre os crustáceos, os moluscos...sen dúbida non hai nada mellor para poñer en práctica o que sabemos sobre os animais que estar en contacto directo con eles.
    Despois descubrimos o proceso de producción nunha antiga conserveira, así como os diversos útiles e a maquinaria que se empregaba naquela época.
    Rematamos esta excursión, comendo ao aire libre preto do Santo e facendo un pequeno percorrido pola Illa.
   
    Nesta saída investigamos a beleza da natureza e os animais que nela habitan, así como os avances que foi habendo en canto ao tratamento dos productos da zona.