mércores, 30 de outubro de 2019

No SAMAÍN, un BreakOut e diversión sen fin!


    Este Samaín foi un chisco especial, xa que a parte da decoración de cabazas con motivos terroríficos e os nosos típicos disfraces uns máis monstruoso ca outros, realizamos diverosos xogos manpulativos na aula, cos cales profundizamos nunha visión das matemáticas máis divertidas, mesmo xogamos cunha bandexa sensorial con espaguetis vermellos cubertos de tea de araña que semellaban ser sesos.
    Se isto en por sí xa da medo...un BreakOut na nosa biblioteca aínda máis, pero se o facemos cos nosos antigos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º, as probas e os retos que se nos propoñen para axudar a bruxa Rugilda, convértense nunha diversión asegurada.
   A continuación podedes ver un vídeo no que se recollen todas estas "aventuras" de Samaín.


mércores, 23 de outubro de 2019

Musiqueando con Pablo Díaz!



    Levamos uns días investigando sobre as obras músicas de Pablo Díaz, un cantautor que semella pouco coñecido, mais amósanos, nas súas letras, valores como a amizade, a colaboración, o cariño e o importante que é compartilo cos demais, etc.

    Ademais de aprender as súas cancións, tamén realizamos as nosas propias marionetas das cancións que máis nos gustaron, "Coas miñas mans" e "Xirafa e Cocrocodrilo", xa que sen dúbida íannos a servir para amenizar o concierto didáctico ao que fumos hoxe na Casa da Cultura de San Vicente.


    Cando chegamos ao cole, a diversión non quedou ahí, xa que xogamos no patio a facer pompas de xabón, xa que así practicamos o soplido e puxemos a traballar o músculos bucofaciais ao mesmo tempo que xogamos, que máis se pode pedir? 
   

venres, 18 de outubro de 2019

Plantamos Carballos!


    Nestes meses estamos a descubrir a importancia de coidar da nosa contorna, de respectar o medio ambiente, posto que Terra só temos unha e se non a coidamos nós terminará por desaparecer todo aquilo que apreciamos e disfrutamos como os paseos á beira do mar ou recollendo elementos naturais que atopamos nos bosquexos.
    Así pois, continuando coa temática do Outono, optamos por plantar landras, un froito típico desta época e así deixalas medrar para poder levar para as nosas casas Carballos e poder deixar a nosa pegada no noso entorno natural cada día máis ateigado de especies foráneas como os piñeiros ou os eucaliptos, os cales medran rápido pero empobrecen a nosa terra. Pola contra, o carballo é a árbore típica de Galicia, medra amodiño, pero é a que máis nos protexe nesas tardes calurosas de verán ao compartir con nós a sombra que produce a súa gran copa frondosa.
    Posto que é unha árbore moito máis respetuosa co medio ambiente, temos a intención de aportar o noso gran de area replantándoa e así poder ter cada ano máis carballeiras na nosa terra.