venres, 20 de decembro de 2019

Bo Nadal familias!


    Hoxe celebramos o festival de Nadal, mais aproveitamos o tempiño de antes para sacarnos unhas cantas fotos de grupo, esas que tanto nos gustan, pero esta vez, con distintos adornos navideños para felicitarvos o Nadal.


   No festival, cantamos dúas cancións unha coa teacher Bea, Jingle Bells, usando campás feitas con cápsulas de café e outra titulada Corre, salta, juega que es Navidad, a cal dramatizamos, bailando, mesmo chegamos a tocar instrumentos con materiais de refugallo como o tambor e a zanfolla, feitos con recipientes de plástico e botes de iogures, os cales adornamos con debuxos navideños. Foi un gran día que compartimos e desfrutamos con vós!





Bo Nadal!

xoves, 5 de decembro de 2019

O Nadal, xa chegou ás Abelliñas!




    Xa era tempo de comezar a adornar a nosa clase con motivos navideños e que mellor maneira de facel que coa nosa propia árbore de fieltro con multitude de adornos.
  Hoxe foi o primeiro día do noso calendario de advento, o cal oculta inumerables sorpresas para cada día de cole.


xoves, 7 de novembro de 2019

Co Outono e o MAGOSTO, desfruta connosco!


    Un ano máis, aquí está o Outono e con él a nosa proba de froitos secos e carnosos, así como a apertura de ourizos cos nosos pés e a experimentación coas follas de diversas árbores, coas cales descubrimos as súa variedade de formas, venación, tamaño...mais tamén as empregamos para debuxarnos a nós mesmos empregando unha folla como "corpo" e creando multitude de animais moi presentes nesta época do ano como os esquios, caracois, xoaniñas, etc.





    O que nunca pode faltar en Outono é a comilona de castañas asadiñas, esta vez, optamos por facer a nosa propia bolsa con follas de periódico e subimos a xunto dos nenos e nenas de 1º de Primaria para ensinarlles a facelas.
    Ademais, este ano o Magosto foi amenizado polo noso novo profe de psicomotricidade, Diego, quen nos trouxo unha morea de xogos moi divertidos, así como uns carnés, os cales que tiñamos que cubrir cos selos que nos poñían os alumnos/as de 6º, sempre que visitásemos cada un dos xogos nos que estaban.


    Este foi outro gran día no que semella non primar unha gran adquisición de coñecementos, pero nada máis lexos da realidade, posto que aumentamos a nosa solidariedade e compañeirismo ao axudarnos os uns aos outros, gañamos en autonomía ao ir dun xogo a outro sen precisar de que alguén nos dixese que facer, respectamos as normas de cada xogo...



mércores, 30 de outubro de 2019

No SAMAÍN, un BreakOut e diversión sen fin!


    Este Samaín foi un chisco especial, xa que a parte da decoración de cabazas con motivos terroríficos e os nosos típicos disfraces uns máis monstruoso ca outros, realizamos diverosos xogos manpulativos na aula, cos cales profundizamos nunha visión das matemáticas máis divertidas, mesmo xogamos cunha bandexa sensorial con espaguetis vermellos cubertos de tea de araña que semellaban ser sesos.
    Se isto en por sí xa da medo...un BreakOut na nosa biblioteca aínda máis, pero se o facemos cos nosos antigos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º, as probas e os retos que se nos propoñen para axudar a bruxa Rugilda, convértense nunha diversión asegurada.
   A continuación podedes ver un vídeo no que se recollen todas estas "aventuras" de Samaín.


mércores, 23 de outubro de 2019

Musiqueando con Pablo Díaz!



    Levamos uns días investigando sobre as obras músicas de Pablo Díaz, un cantautor que semella pouco coñecido, mais amósanos, nas súas letras, valores como a amizade, a colaboración, o cariño e o importante que é compartilo cos demais, etc.

    Ademais de aprender as súas cancións, tamén realizamos as nosas propias marionetas das cancións que máis nos gustaron, "Coas miñas mans" e "Xirafa e Cocrocodrilo", xa que sen dúbida íannos a servir para amenizar o concierto didáctico ao que fumos hoxe na Casa da Cultura de San Vicente.


    Cando chegamos ao cole, a diversión non quedou ahí, xa que xogamos no patio a facer pompas de xabón, xa que así practicamos o soplido e puxemos a traballar o músculos bucofaciais ao mesmo tempo que xogamos, que máis se pode pedir? 
   

venres, 18 de outubro de 2019

Plantamos Carballos!


    Nestes meses estamos a descubrir a importancia de coidar da nosa contorna, de respectar o medio ambiente, posto que Terra só temos unha e se non a coidamos nós terminará por desaparecer todo aquilo que apreciamos e disfrutamos como os paseos á beira do mar ou recollendo elementos naturais que atopamos nos bosquexos.
    Así pois, continuando coa temática do Outono, optamos por plantar landras, un froito típico desta época e así deixalas medrar para poder levar para as nosas casas Carballos e poder deixar a nosa pegada no noso entorno natural cada día máis ateigado de especies foráneas como os piñeiros ou os eucaliptos, os cales medran rápido pero empobrecen a nosa terra. Pola contra, o carballo é a árbore típica de Galicia, medra amodiño, pero é a que máis nos protexe nesas tardes calurosas de verán ao compartir con nós a sombra que produce a súa gran copa frondosa.
    Posto que é unha árbore moito máis respetuosa co medio ambiente, temos a intención de aportar o noso gran de area replantándoa e así poder ter cada ano máis carballeiras na nosa terra.



luns, 30 de setembro de 2019

Pequenos-grandes ARTISTAS!




    Estes días estivemos a profundizar nas nosas grandes dotes como artistas, descubrindo as formas xeométricas, creando diversas obras, deixando en cada unha o noso selo persoal, sendo todas elas diferentes e orixinais.
    Por outra banda, tamén investigamos sobre coas simetrías, primeiro, facendo un debuxo libre nunha das metades do folio e descubriendo como se plasman á inversa, coma se dun espello se tratase. Isto non quedou aquí, posto que continuamos coa temática do Outono, pero neste caso, completando follas, facendo a súa simetría.




martes, 3 de setembro de 2019

Benvidos de novo ao cole!

   
    Con esta imaxe dámosvos a benvida ao novo curso que está a piques de comezar, o mércores 11 de setembro, que será cando nos atopemos cos nosos compañeiros/as, retomemos amizades e fagamos outras novas, sendo un momento de gran axitación cheo de maxia e de cambios.

      Será un ano cheo de novas aprendizaxes, descubrimentos e ilusións, no que desenvolveremos as nosas capacidades intrínsecas por medio dun ambiente rico en estímulos e cunha gran variedade de recursos, porque cada un de nós temos distintas formas de aprender e de gozar facéndoo. Todo isto, estará envolto nun clima no que as mostras de afecto e cariño estarán moi presentes, posto que, como dicía Howard G. Hendricks, "a ensinanza que deixa pegada non é a que se fai de cabeza a cabeza, senón de corazón a corazón".

     Así pois, invitámosvos a adentrarvos connosco no día a día das aulas, visitando o noso blogue, para así facervos copartícipes dos nosos avances e descubrimentos.


martes, 18 de xuño de 2019

Investigación en marcha!


    Para rematar o curso, decimos investigar un pouco sobre o gran mundo dos animais, para isto, diferenciamos os invertebrados dos vertebrados, investigando os primeiros deles no cole e pedíndolles axuda a papá e mamá para buscar información sobre o tipo de vertebrados que eliximos en grupo.
   Con isto, traballamos multitude de conceptos, primando o traballo en equipo e a toma decisións, posto que concretamos a información que queriamos plasmar no noso mural, buscamos e imprimimos as fotografías que precisabamos, recortámolas e decidimos onde colocalas.
   Neste mini-proxecto tratamos de descubrir as características básicas dalgúns animais para logo explicar o aprendido ao resto de compañeiros/as e así aprender todos de todos.
    A continuación pódese ver o vídeo de todo este gran proceso de aprendizaxe!



venres, 14 de xuño de 2019

Proxecto: Cando sexa maior...


    Neste curso estivemos a investigar sobre os distintos oficios e houbo moitos pais/nais e inclusive avós/as que nos viñeron a amosar en qué consistían os seus traballos e a ilusión que teñen neles.
    Foron moitas as familias que participaron e nos fixeron pasar grandes ratos descubrindo e vivenciando todo o relativo co seu oficio dunha forma moi manipulativa e atractiva, mais aquí tan só deixamos unha pequena mostra deste gran proxecto.












mércores, 12 de xuño de 2019

Exploramos a Illa de Arousa


    Esta foi unha excursión un chisco especial, posto que era a de fin de curso e a última que fariamos cos pequerrech@s de 5 anos, mais non por isto deixamos de disfrutar e investigar todo o que nos rodeaba, así que...rematamos os últimos preparativos para iniciar a nosa andaina cara o Parque Natural de Carreirón.
    Unha vez alí, invetigamos a maxia da natureza, descubrimos plantas, niños de paxaros, bichiños e amosamos todo o aprendido no cole sobre os crustáceos, os moluscos...sen dúbida non hai nada mellor para poñer en práctica o que sabemos sobre os animais que estar en contacto directo con eles.
    Despois descubrimos o proceso de producción nunha antiga conserveira, así como os diversos útiles e a maquinaria que se empregaba naquela época.
    Rematamos esta excursión, comendo ao aire libre preto do Santo e facendo un pequeno percorrido pola Illa.
   
    Nesta saída investigamos a beleza da natureza e os animais que nela habitan, así como os avances que foi habendo en canto ao tratamento dos productos da zona.


   

martes, 30 de abril de 2019

Somos peque-cociñeiros


    Hoxe fumos á Escola de cociña da Lanzada a aprender un pouco como funciona o mundo da hostelería e a converternos en pequenos cociñeiros por un día!
Foi unha moi boa experencia e ademais axudamos ao seus estudantes a seguir perfeccionando este gran oficio.




venres, 26 de abril de 2019

Teatro GUYI GUYI


    Nesta visita á Fundación en Pontevedra fumos a ver unha obra de teatro con monicreques, GUYI GUYI, na cal as risas e a diversión foron parte fundamental deste día, o cal rematamos cunha rica merenda e con xogos no parque da Alameda.



luns, 22 de abril de 2019

Enviamos cartas ás nosas familias!


    Estes días estamos a investigar sobre os medios de transporte e os oficios relacionados con eles. Foi por isto polo que optamos por enviar unha carta ás nosas familias, xa que empregariamos un servizo cada día máis en desuso.
Ao mesmo tempo investigamos sobre a información que precisa levar o sobre, así como a importancia dos selos, traballamos a lectoescritura ao escribir o noso enderezo...un sin fin de aprendizaxes!
Ademais, aproveitamos a saída á Casa da Cultura para ir botar as nosas cartas ao buzón e tan só queda...esperara a que cheguen ás nosas casas!!


Comezamos facendo os debuxos que enviaremos nas cartas




venres, 15 de febreiro de 2019

Plantamos pipas con Alberto


    Esta actividade é unha mostra máis da unión entre o cole e a natureza, posto que plantamos pipas con Alberto, o noso conserxe.
    Para isto, collimos terra do noso composteiro, no cal vamos botando todos os días os restos das nosas merendas. Logo, engadímola nos maceteiros e fumos plantando e regando as pipas. Pasados varios días puidemos ver o como comezaban a xerminar e logo fumos observando o proceso de crecemento dos xirasois, ata que un día de moito vento acabou por rompelos, mais isto non foi máis que outra oportunidade de seguir a investigar, xa que deixamos secar s flor e descubrimos as sementes, isto é, a pipas que plantaremos o vindeiro curso.