xoves, 30 de xaneiro de 2020

Día da Paz: Jacqueline Evans


    Para celebrar o Día da Paz, este ano investigamos sobre as aportacións dunha muller ao coidado do medio ambiente, en concreto á conservación do mundo mariño das Illas de Cooks, lugar no que naceu. Esta muller trátase de Jacqueline Evans. A continuación, amosámosvos o resultado de investigación sobre as grandes accións que a levaron a conseguir o premio Goldman, o Nobel Verde en 2019, así como o proceso de elaboración do noso paraugas, o cal empregamos para realizar a nosa exposición aos alumnos de 1º de Primaria.


xoves, 23 de xaneiro de 2020

Entra o Inverno e nós...aprendendo!


    Como estamos a aprender sobre o Inverno, tiñamos que dar cabida ás froitas típicas desta época, xa que...sen querelo, estamos a experimentar co gusto, cos sabores e texturas, ademais de comer dunha forma saudable.


Isto non é todo, xa que tamén deixamos un oco para ser grandes artistas de novo, facendo copos de neve sobre cartulinas negras e empregando un útil que poucas veces usamos, os xices de cores, en concreto, aquelas típicas do inverno (azuis, violeta, blanco...)



martes, 21 de xaneiro de 2020

Novo recanto de contos!


    Estes días chegou unha nova sorpresa á nosa aula, polo que...como grandes manitas que somos...puxémonos mans á obra coa súa montaxe.
    Trátase dun caixón transportable, grazas ás súas rodas, no cal gardaremos a gran maioría de contos, xa que colocaremos unha pequena selección nun andel que estea á nosa altura, así podemos liberar un pouco a nosa estantería da aula e enchela de xogos de lectoescritura máis manipulativos que sen dúbida imos a desfrutar moito.


    

mércores, 15 de xaneiro de 2020

Bizoecoloxía: Reciclamos o plástico


   Hoxe aproveitamos o bo tempo para ir ao contedor do lixo a reciclar as botellas de plástico que nos sobraron de facer as zanfoñas para o festival de Nadal.
    Desta forma, estiramos as pernas, ao mesmo tempo que coidamos o medio ambiente ao descubrir, dunha forma máis vivencial que na aula, as cores dos contedores e o que temos que botar en cada un deles. Aspectos, que traballamos todos os días de forma inconsciente na hora da merenda ao depositar na papeleira correspondente aos restos ou envases, mais serviunos esta andaina para afondar no aprendido, recordarllo a quen non tiña tan claro...


martes, 14 de xaneiro de 2020

Xogamos nos recantos


    As seguintes imaxes amosan grandes momentos de xogo libre nos recantos, mais non se queda só niso, senón que tamén destaca a aprendizaxe grupal, a cooperación e colaboración entre os nenos e nenas máis maiores e os pequenos, así como a inventiva nas construccións das vías ou sendo grandes cociñeiros e cociñeiras.
Por outra banda, tamén deixamos un oco para os novos xogos deste curso, uns que deixen voar máis a nosa imaxinación, sen ser tan estructurados, nin ter unha función clara e ademais, están feitos con materiais naturais. Sen dúbida espérannos moitas horas de diversión e aprendizaxe nestes recantos.