venres, 15 de xuño de 2018

Somos conductor@s de primeira!!


    Hoxe tivemos unha visita especial no cole, xa que veu a Poli Ana a ensinarnos certas normas de seguridade vial e o significado de certas sinais de tráfico, para así respectar a todos os viandantes e ao resto de conductores, pero...se a todos isto lle engadimos que nos vestimos de policías e empregamos as nosas propias bicis e monopatíns...remata por ser unha experiencia fantástica unindo o deporte coa educación vial.



mércores, 13 de xuño de 2018

Imos de aventura a Cortegada


    A nosa gran excursión de fin de curso comezou con moita enerxía e un chisco de nerviosismo, pero...rematamos de cargar as pilas no cole e puxémonos en marcha cara Carril.
Alí coñecemos ao noso gran guía, Luis, quen espertou en todos nós un gran entusiasmo en todo o relacionado cos tipos de algas, moluscos e crustáceos que había nesta zona, mais...isto non quedou aquí!! Por fin chegaba a esperada viaxe en Zodiac para desembarcar en Cortegada e continuar a nosa gran aventura descubrindo os grandes segredos que esconde a natureza neste fermoso Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Rematamos a nosa visita escoitando dous contos contados por Luis, cos cales volveu a resaltar os dous lugares máis característicos desta viaxe, o mar e a terra, posto que un deles trataba sobre os ananiños que habitaban no bosque ao carón dunhas ruinas e o outro sobre temibles piratas que surcaban as augas que tiñamos de fondo na praia.
Sen lugar a dúbidas foi unha gran aventura da man dun gran guía, a cal volveríamos a vivir para así seguir descubrindo todos os segredos que esconde a flora e a fauna da nosa zona.