xoves, 7 de novembro de 2019

Co Outono e o MAGOSTO, desfruta connosco!


    Un ano máis, aquí está o Outono e con él a nosa proba de froitos secos e carnosos, así como a apertura de ourizos cos nosos pés e a experimentación coas follas de diversas árbores, coas cales descubrimos as súa variedade de formas, venación, tamaño...mais tamén as empregamos para debuxarnos a nós mesmos empregando unha folla como "corpo" e creando multitude de animais moi presentes nesta época do ano como os esquios, caracois, xoaniñas, etc.





    O que nunca pode faltar en Outono é a comilona de castañas asadiñas, esta vez, optamos por facer a nosa propia bolsa con follas de periódico e subimos a xunto dos nenos e nenas de 1º de Primaria para ensinarlles a facelas.
    Ademais, este ano o Magosto foi amenizado polo noso novo profe de psicomotricidade, Diego, quen nos trouxo unha morea de xogos moi divertidos, así como uns carnés, os cales que tiñamos que cubrir cos selos que nos poñían os alumnos/as de 6º, sempre que visitásemos cada un dos xogos nos que estaban.


    Este foi outro gran día no que semella non primar unha gran adquisición de coñecementos, pero nada máis lexos da realidade, posto que aumentamos a nosa solidariedade e compañeirismo ao axudarnos os uns aos outros, gañamos en autonomía ao ir dun xogo a outro sen precisar de que alguén nos dixese que facer, respectamos as normas de cada xogo...