venres, 15 de xuño de 2018

Somos conductor@s de primeira!!


    Hoxe tivemos unha visita especial no cole, xa que veu a Poli Ana a ensinarnos certas normas de seguridade vial e o significado de certas sinais de tráfico, para así respectar a todos os viandantes e ao resto de conductores, pero...se a todos isto lle engadimos que nos vestimos de policías e empregamos as nosas propias bicis e monopatíns...remata por ser unha experiencia fantástica unindo o deporte coa educación vial.



mércores, 13 de xuño de 2018

Imos de aventura a Cortegada


    A nosa gran excursión de fin de curso comezou con moita enerxía e un chisco de nerviosismo, pero...rematamos de cargar as pilas no cole e puxémonos en marcha cara Carril.
Alí coñecemos ao noso gran guía, Luis, quen espertou en todos nós un gran entusiasmo en todo o relacionado cos tipos de algas, moluscos e crustáceos que había nesta zona, mais...isto non quedou aquí!! Por fin chegaba a esperada viaxe en Zodiac para desembarcar en Cortegada e continuar a nosa gran aventura descubrindo os grandes segredos que esconde a natureza neste fermoso Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Rematamos a nosa visita escoitando dous contos contados por Luis, cos cales volveu a resaltar os dous lugares máis característicos desta viaxe, o mar e a terra, posto que un deles trataba sobre os ananiños que habitaban no bosque ao carón dunhas ruinas e o outro sobre temibles piratas que surcaban as augas que tiñamos de fondo na praia.
Sen lugar a dúbidas foi unha gran aventura da man dun gran guía, a cal volveríamos a vivir para así seguir descubrindo todos os segredos que esconde a flora e a fauna da nosa zona.




mércores, 2 de maio de 2018

A "arte" do museo á nosa clase!!


    Na visita ao Museo de Pontevedra observamos moitos cadros, descubrimos a maxia, os segredos e as emocións que hai neles e unha vez na clase...deixamos voar a nosa imaxinación e convertémonos unha vez máis en "grandes artistas" creando as nosas propias representacións dos cadros nas cales non faltaron as nosas emocións en cada un deles.



venres, 20 de abril de 2018

Visitamos o Quinteiro de Temperá


    Visitamos o Quinteiro de Temperá e desfrutamos moito dando de comer ás galiñas, tocando os diversos tipos de fariña, subindo ao carro...en definitiva, fixemos unha viaxe polo pasado para descubrir cómo se vivía e se traballa noutros tempos.



luns, 12 de marzo de 2018

Ás armas cavernícolas!!


    Continuamos investigando para o noso proxecto da Prehistoria, esta vez tocaron as armas para poder cazar, polo que buscamos información sobre a alimentación, os tipos de armas e como se facían e decidimos facer as nosas propias para así convertirnos cada vez máis nuns pequenos cavernícolas.




xoves, 22 de febreiro de 2018

O noso "arte" e o de Rosalía


   Estes días estivemos a celebrar o Día de Rosalía de Castro, para isto, aprendimos un fragmento dun dos seus poemas máis coñecidos Adiós ríos, adiós fontes... e versionamos estes fermosos versos interpretándoos mediante os noso "arte".





martes, 20 de febreiro de 2018

O lume na Prehistoria


    Que nos toca investigar hoxe?
Non hai cavernícola que se precie que non sepa usar o lume de moitas maneiras, polo que comezamos aprendendo como facían lume, logo elaboramos a nosas fogueiras e terminamos dramatizando todos os usos que lles daban os cavernícolas a este ben tan prezado, o lume!



venres, 9 de febreiro de 2018

Mans á "masa"


    Estes días estivemos a investigar sobre as vestimentas dos cavernícolas para así afondar un pouco máis no proxecto da Prehistoria.
 Parte das súas vestimentas son os adornos con dentes e osos de animais, polo que nós fixemos a nosa versión elaborándoos con masa de sal e cocéndoos nas nosas casas, para así poder incluilos nos nosos disfraces de cavernícolas. 
Tan só nos falta dar as grazas aos papás e mamás por axudarnos a darlle ese último toque de cocción. Xa estamos listos para ser uns pequenos cavernícolas!!




martes, 6 de febreiro de 2018

A nena e o grilo


    Hoxe viaxamos a Pontevedra para ver a actuación de Magín Blanco A nena e o grilo. Deixámonos levar pola súa máxia e disfrutamos e mergullámonos en todas as súas cancións.