venres, 21 de febreiro de 2020

O ENTROIDO xa está aquí!


    Un ano máis, celebramos o Entroido temático no cole, esta vez, relacionado coa conservación do Medio ambiente, xa que temos sempre moi presente o noso proxecto da Bizoecoloxía.
    Para isto, estivemos uns días investigando na rede sobre posibles disfraces, para ter unha idea e logo elixir entre diversas propostas, dándolle certa unidade á clase, para que houbese certa similitude e ao mesmo tempo cada un co seu toque persoal, mais tentando usar sempre materiais de refugallo.
    Así pois, este foi o resultado, no cal se viu á gran implicación das familias, polo que vos damos as grazas polo voso esforzo para facer deste, un gran día.





xoves, 20 de febreiro de 2020

Teatro O LOBO E A LÚA


    Hoxe fumos de excursión a Pontevedra a ver a obra de teatro da Fundación Abanca, a cal imos todos os anos, pero esta vez...fumos dunha forma un pouco especial, xa que...ao cadradar coa semana das ordes do Meco, optamos por cumplilas e ir en pixama, sen dúbida foi un atuendo que non pasou desapercibido.
    Para rematar a visita, fumos a merendar ao parque da Alameda e compartimos grandes momentos de xogo cos nosos compañeiros/as de 1º que tanto estamos a botar de menos.


mércores, 12 de febreiro de 2020

Coas Mates disfrutando!


    Sempre se tivo a imaxe das matemáticas como "algo" difícil de comprender, por ser abstractas, por non entender á perfección todos os seus mecanismos e operacións, pero máis ben...débese a que dende pequenos amosáronolas como algo mecánico, sen comprender o que estabamos a facer, tan so executando o que se nos pedían nos "problemas" dunha forma repetitiva ata que o "sabiamos" facer.
Así pois, este curso, ao igual que os anteriores continuaremos a aprender mates "xogando", descubrindo dunha forma manipulativa todo isto que considerábamos complexo por non poder investigalo coas nosas mans.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra dalgúns xogos que estivemos a facer este trimestre, cos cales aprendedemos, sen darnos conta, a facer equivalencias, comparacións, o doble ou a metade dunha cantidade, o conteo de forma ascendente e descendente, pequenas operacións lóxicas, etc.