venres, 15 de febreiro de 2019

Plantamos pipas con Alberto


    Esta actividade é unha mostra máis da unión entre o cole e a natureza, posto que plantamos pipas con Alberto, o noso conserxe.
    Para isto, collimos terra do noso composteiro, no cal vamos botando todos os días os restos das nosas merendas. Logo, engadímola nos maceteiros e fumos plantando e regando as pipas. Pasados varios días puidemos ver o como comezaban a xerminar e logo fumos observando o proceso de crecemento dos xirasois, ata que un día de moito vento acabou por rompelos, mais isto non foi máis que outra oportunidade de seguir a investigar, xa que deixamos secar s flor e descubrimos as sementes, isto é, a pipas que plantaremos o vindeiro curso.