mércores, 13 de xuño de 2018

Imos de aventura a Cortegada


    A nosa gran excursión de fin de curso comezou con moita enerxía e un chisco de nerviosismo, pero...rematamos de cargar as pilas no cole e puxémonos en marcha cara Carril.
Alí coñecemos ao noso gran guía, Luis, quen espertou en todos nós un gran entusiasmo en todo o relacionado cos tipos de algas, moluscos e crustáceos que había nesta zona, mais...isto non quedou aquí!! Por fin chegaba a esperada viaxe en Zodiac para desembarcar en Cortegada e continuar a nosa gran aventura descubrindo os grandes segredos que esconde a natureza neste fermoso Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Rematamos a nosa visita escoitando dous contos contados por Luis, cos cales volveu a resaltar os dous lugares máis característicos desta viaxe, o mar e a terra, posto que un deles trataba sobre os ananiños que habitaban no bosque ao carón dunhas ruinas e o outro sobre temibles piratas que surcaban as augas que tiñamos de fondo na praia.
Sen lugar a dúbidas foi unha gran aventura da man dun gran guía, a cal volveríamos a vivir para así seguir descubrindo todos os segredos que esconde a flora e a fauna da nosa zona.




Ningún comentario:

Publicar un comentario