venres, 18 de outubro de 2019

Plantamos Carballos!


    Nestes meses estamos a descubrir a importancia de coidar da nosa contorna, de respectar o medio ambiente, posto que Terra só temos unha e se non a coidamos nós terminará por desaparecer todo aquilo que apreciamos e disfrutamos como os paseos á beira do mar ou recollendo elementos naturais que atopamos nos bosquexos.
    Así pois, continuando coa temática do Outono, optamos por plantar landras, un froito típico desta época e así deixalas medrar para poder levar para as nosas casas Carballos e poder deixar a nosa pegada no noso entorno natural cada día máis ateigado de especies foráneas como os piñeiros ou os eucaliptos, os cales medran rápido pero empobrecen a nosa terra. Pola contra, o carballo é a árbore típica de Galicia, medra amodiño, pero é a que máis nos protexe nesas tardes calurosas de verán ao compartir con nós a sombra que produce a súa gran copa frondosa.
    Posto que é unha árbore moito máis respetuosa co medio ambiente, temos a intención de aportar o noso gran de area replantándoa e así poder ter cada ano máis carballeiras na nosa terra.



Ningún comentario:

Publicar un comentario